|
Gogue ofreceu unha clase maxistral no Club de Remo Mecos |
|
sábado, 12 de abril de 2008 |
|
Preto de 80 nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer parte dos segredos do debuxante Gogue, esta actividade enmarcase dentro do VII Concurso de Debuxo que organiza esta entidade deportiva.
VER FOTOGRAFÍAS
Todos os gañadores do concurso estiveron esta mañá moi atentos ás explicacións de Gogue sobre a súa técnica en debuxo e caricatura, a clase consistiu nunha xornada de traballo do debuxante, comezando polo espacio do que se dispón, a elección do tema a tratar e os personaxes que protagonizarán a viñeta. Ao remate da clase Gogue proxectou unha presentación sobre os seus personaxes, o seu currículum e unha pequena parte das mellores viñetas. No acto participou o concelleiro de cultura, Antón Mascato, que animou aos nenos a bromear con Gogue, disfrázandose estes de Floreano e compañía, posando co seu creador. Deste xeito os rapaces reciben un agasallo a maiores dos premios e accesit obtidos no devantito VII Concurso de Debuxo. |