|
Na tardiña deste xoves botou a andar o novo proxecto do Unión Sociedade Deportiva, co que afrontará a tempada na Segunda Autonómica. Con un plantel practicamente novo, tan só repiten catro xogadores e os xuvenís, o equipo que dirixirá o arousán Ricardo Dios buscará recuperar o posto perdido o ano pasado na Primeira Autonómica. O primeiro compromiso da dura tempada será no Monte da Vila, nun amistoso, ante o CF Cruceiro do Hio, este sábado ás 20 horas.
VER FOTOGRAFÍAS
Texto: J. Otero | Fotos: M. Muñíz Tras a foto de rigor, o presidente do club, José Manuel Otero Nel, dirixiuse ao plantel, agradecendo en primeira instancia aos catro xogadores que non “fuxiron” tras o descenso e decidiron quedarse no Unión SD esta tempada. Nel dirixiuse ás novas incorporacións, indicándolles que “neste club van a estar ben, porque existe unha boa sintonía entre xogadores e directiva”. Por último, o Presidente, que non falou do obxectivo para a tempada, pero que o deixou entrever, pediulles a todos “compromiso e que dean o callo, que os resultados xa virán”. Pola súa parte, o novo adestrador, Ricardo Dios, dixo estar ilusionado por volver adestrar, xa que o ano pasado non exerceu, e agradeceulle á directiva a confianza depositada na súa persoa para este novo proxecto. Dios animou aos xogadores a facer grupo e a traballar en conxunto. Pediulles que se coidaran, puntualidade e responsabilidade a hora de adestrar, cordialidade entre os compañeiros e coa directiva. O adestrador arousán si falou do obxectivo, que non é outro que o ascenso, pero “sen obsesións”. Tras as verbas, os xogadores realizaron varias carreiras de quecemento e disputaron un partidillo, antes de gozar dun aperitivo cos directivos a pe de campo. | Unión SD do Grove Segunda Autonómica. Tempada 2010-2011 | | CORPO TÉCNICO | | Adestrador | | DIOS | Ricardo Dios Suárez | 15/10/1973 (Illa de Arousa) | | | | | | Masaxista | | VAQUILLA | David Barreiro Pérez | 18/05/1977 ( O Grove) | | PLANTEL | | Porteiros | | JOSE | José Manuel Soto Souto | 25/06/1987 (Pontevedra) | | ELIAS * | Elias Álvarez Soutullo | 25/02/1992 (O Grove) | | Defensas | | SEGUNDO | Segundo Navia Giráldez | 20/07/1979 (Vilagarcía) | | FUTRE | Álvaro Darrocha García | 05/09/1983 (O Grove) | | DAVID | David Rodríguez Martínez | 01/07/1984 (Vilagarcía) | | DURÁN | Alberto Durán Rascado | 04/05/1988 (Pontevedra) | | QUIQUE | Enrique Rial Señoráns | 26/06/1988 (Illa de Arousa) | | AMEIXEIRO | Francisco Álvarez Piñeiro | 22/07/1988 (O Grove) | | BREIXO * | Breixo Camiña Fernández | 29/08/1992 (O Grove) | | Centrocampistas | | FABRICIO | Fabricio Ferro Folgar | 27/021988 (Cuntis) | | ELOY | Eloy Figueiro Iglesias | 24/02/1982 (O Grove) | | ROMERO | Miguel Romero Gómez | 18/08/1988 (Pontevedra) | | FONSI ** | Alfonso Padín Solla | 23/08/1991 (O Grove) | | BORJA ** | Borja Piñeiro Dorado | 13/09/1991 (O Grove) | | GOTI | Mateo Pérez Mariño | 08/12/1991 (Pontevedra) | | Dianteiros | | GABRI | Gabriel Fernández Lois | 16/03/1991 (O Grove) | | MARTIN I | Martín Rodríguez Durán | 24/09/1991 (Pontevedra) | | MARTIN II * | Martín Álvarez Soutullo | 25/02/1992 (O Grove) | | MASCATO * | Martín Mascato Pérez | 23/01/1993 (O Grove) | | * ficha xuvenil ** procede do xuvenil | Pretemporada A apertada pretemporada dará comezo pronto para o Unión SD. O vindeiro sábado 31, os de Ricardo Dios saltarán a escena nun amigable ante o Cruceiros do Hio. O encontro terá lugar no Monte da Vila ás 20 horas. En menos dunha semana, os grovenses volverán saltar ao campo do Monte da Vila, esta vez ante o Nigrán na disputa da Copa Deputación, venres 6 ás 20.15 h. E o domingo 8, o III Trofeo Tecnolar enfrontará ao Unión SD e ao Cambados a partir das 19.30 horas. O seguinte compromiso será o primeiro e único fora do Grove. Dena e Unión loitarán polo Trofeo Prefabricados Dana no Campo do Cachizas (Dena), o domingo 15 ás 19.00 horas. O Bertamiráns será o rival o domingo 22 (19 horas no Monte da Vila), da 6ª edición do trofeo Concello do Grove. Por último, os grovenses recibirán o domingo 29, tamén ás 19 horas, ao Catoira nun amigable. |