|
Astilleiros Garrido construe unha dorna de tope con técnicas innovadoras |
|
|
|
|
viernes, 06 de junio de 2008 |
|
Na tarde de hoxe tivo lugar a montura da quilla e o seu tradicional ramo correspondente, ao que asistiron, ademais do armador da embarcación, membros das xuntas directivas de Amigos da Dorna Meca e da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
VER FOTOGRAFÍAS
A dorna Sara será unha dorna de tope de case 8,50 metros de eslora, construída con madeira de iroko para os elementos estruturais e con caoba alistoada nos forros, unha técnica nunca antes empregada neste tipo de embarcación tradicional, así como as madeiras elixidas. Mollar a quilla Como manda a tradición, esta tarde “mollouse a quilla” ao ser disposta no lugar definitivo onde se construirá a dorna Sara, que así se chamará. Ao ramo asistiron o armador da embarcación, así como un amplo número de amigos e membros de colectivos vinculados co movemento de recuperación da cultura marítima. Web A dorna Sara a pesar de non estar aínda rematada conta xa con un espazo na rede, en www.dornasara.com pódese seguir a construción da embarcación practicamente a diario. Esta web en formato blog, realiza un completo seguimento dos pasos a dar en este proxecto. |