www.ferredomi.com/  www.burgerdrey.com  
A Xunta convoca 50 novos Permex na Confraría do Grove Imprimir E-Mail
martes, 28 de mayo de 2013

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 50 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na Confraría de Pescadores de San Martiño, para os que este mércores se abrirá un prazo de presentación de solicitudes de 15 días hábiles.

Redacción

Saliéntase desde o Goberno galego que todas estas prazas son convocadas “despois de comprobar a súa visibilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a contabilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socioeconómicos”.

Destes cincuenta novos Permex no Grove, un está reservado para aquelas persoas que desexen cambiar de confraría, explicou a Consellería do Medio Rural e do Mar nunha nota de prensa.

A partir da publicación este mércores da convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na web da Consellería, abrirase un prazo de presentación de solicitudes para optar a estes permisos de 15 días hábiles. 

 
< Anterior   Siguiente >