|
Lampáns acolleu este sábado o segundo derbi local da tempada na liga de veteranos de Pontevedra. Mecos e Amanecer repartíronse os puntos nun encontro no que os locais dispuxeron das mellores ocasións. O empate non permite ao Amanecer distanciarse dos postos de descenso á falta de seis xornadas para o remate da competición. VER FOTOGRAFÍAS
Texto: J. Otero | Fotos: M. Muñiz
Mecos Veteranos: Fonso (porteiro), Tote, Modesto, Muñiz, Trelles, Santi, Chuco, Chaves, Beni, Mario, Tito, Víctor e Jorge. Amanecer Veteranos: Santi e Miguel (porteiros), Lu, Lino, Muñiz, Fernando, Pele, Manolo, Nené, Esquilachi, Jose, Iván, Vilacho, Nando, Goday, Fran e Bandido O equipo de San Vicente afrontaba este derbi coa necesidade de romper unha racha de catro derrotas consecutivas e lograr tres puntos que lles permitisen ampliar a súa distancia cos equipos en postos de descenso ao grupo segundo. Finalmente non foi así, pero o Amanecer amarrou un punto que resultou bo despois dun encontro no que o Mecos dispuxo de moi boas ocasións para gañar. A pesar de que ningún dos dous equipos lograba ter o control total do balón, foron os locais os que crearon o maior perigo na meta defendida por Santi primeiro, e por Miguel despois. As boas intervencións dos metas visitantes foron cruciais para que Mecos non lograse os tres puntos. Aínda que menos, o Amanecer tamén dispuxo das súas ocasións, pero esta foi unha tarde na que a efectividade brillou pola súa ausencia. | Liga Veteranos Pontevedra Grupo 1 Resultados xornada 32 Seixo CV R. de Poty, 5 - Vilagarcía SD, 2 Estradense CD, 1 – Arcade Veteranos, 0 Villalonga FC, 7 – Netos da Coca V, 4 Moraña ACD, 4 – Galicia CD Arcade, 2 Mecos Veteranos, 0 – Amanecer Veteranos, 0 Portas CD, 3 – A Rula, 2 Poyo Veteranos, 3 – Bar O Compadre Dorrón, 1 Portonovo, 3 – Cillero, 2 Centro P. A Lama, 0 – Merendero Ofibrería, 3 Descansa: Pontecaldelas ACV | | | EQUIPOS | PTS | PX | PG | PE | PP | GF: GC | DIF | | 1 | Poyo Veteranos | 79 | 31 | 25 | 4 | 2 | 105:29 | 76 | | 2 | Netos da Coca V | 67 | 31 | 21 | 4 | 6 | 90:43 | 47 | | 3 | Merendero Ofiberia | 64 | 30 | 20 | 4 | 6 | 79:46 | 33 | | 4 | Villalonga FC | 57 | 30 | 16 | 9 | 5 | 81:46 | 35 | | 5 | Galicia CD Arcade | 54 | 30 | 15 | 9 | 6 | 61:37 | 24 | | 6 | Estradense CD | 52 | 30 | 15 | 7 | 8 | 52:40 | 12 | | 7 | Bar O Compadre Dorron | 48 | 30 | 15 | 3 | 12 | 68:57 | 11 | | 8 | Portas CD | 41 | 30 | 13 | 2 | 15 | 61:66 | -5 | | 9 | Mecos Veteranos | 38 | 30 | 9 | 11 | 10 | 54:57 | -3 | | 10 | Portonovo | 37 | 31 | 10 | 7 | 14 | 52:49 | 3 | | 11 | Moraña ACD | 37 | 30 | 11 | 4 | 15 | 56:64 | -8 | | 12 | Vilagarcia SD | 34 | 31 | 9 | 7 | 15 | 58:68 | -10 | | 13 | Arcade Veteranos | 32 | 31 | 10 | 8 | 13 | 54:68 | -14 | | 14 | Pontecaldelas ACV | 30 | 30 | 7 | 9 | 14 | 43:63 | -20 | | 15 | Amanecer Veterans | 28 | 30 | 7 | 7 | 16 | 33:68 | -35 | | 16 | Cillero | 26 | 30 | 9 | 5 | 16 | 44:64 | -20 | | 17 | A Rula | 24 | 30 | 5 | 9 | 18 | 32:68 | -34 | | 18 | Seixo CV R de Poty | 24 | 30 | 6 | 6 | 18 | 52:93 | -41 | | 19 | Centro P. A Lama | 20 | 31 | 5 | 5 | 21 | 37:86 | -49 | |