www.marisqueriassolaina.es/  www.hosteleriayoficinas.com/  
 
Feijóo clausura na Lanzada unha xuntanza do PP que reuniu a 200 persoas Imprimir E-Mail
sábado, 21 de abril de 2012

 O presidente da Xunta e do PP galego foi o encargado de pechar este sábado as xornadas de traballo que nos últimos dous días reuniron no centro de vacacións da Lanzada a alcaldes, concelleiros e outros cargos populares de toda a provincia, centrados en tratar de aproximarse aos “problemas reais” da cidadanía e defender unha “política de proximidade”.

VER FOTOGRAFÍAS

Texto: I. Rodríguez | Fotos: M. Muñiz

De feito, tralo encontro de alcaldes e voceiros da oposición dos 62 concellos de toda a provincia na tarde deste venres, no programa deste sábado desta convivencia do PP pontevedrés figuraba dar audiencia a unha serie de “persoas sen vinculación política”, que puideran expoñer aos representantes institucionais as súas problemáticas concretas.

Así o fixeron un total de dez persoas, entre as que se atopaba xente en situación de desemprego, un afectado polas participacións preferentes, un representante dunha asociación de comerciantes ou un mariñeiro; aos que o PP cedeu o micrófono nun multitudinario acto que congregou na Lanzada a preto de 200 persoas.

De feito, se onte eran preto de 70 as persoas que se reuniron na sala contigua ás cociñas do sanatorio, o feito de que a alcaldes, voceiros e deputados provinciais se lles sumasen este sábado concelleiros de toda a provincia, membros de Novas Xeracións e a totalidade da xunta provincial do partido, fixo preciso trasladar o encontro á planta baixa do edificio central, o que proximamente se converterá en Pousada.

Alí acompañaron ao presidente provincial, Rafael Louzán, e á secretaria xeral do partido en Pontevedra, Begoña Estévez, tres conselleiros que forman parte da directiva provincial, Alfonso Rueda (Presidencia), Agustín Hernández (Medio Ambiente) e Economía (Javier Guerra).

Eles foron os encargados de coller o micrófono para dar respostas e compartir impresións coas persoas convidadas a expoñer as súas problemáticas, e fixérono para abordar cuestións como os problemas que teñen aqueles que subscribiron preferentes de Novagalicia Banco para recuperar os seus cartos, o financiamento das pequenas empresas ou a situación na que se atopa o sector naval.

 

O presidente chegou ao final

Pasada a unha do mediodía, chegara o momento de poñer punto e final ao encontro. Disto encargouse en primeira instancia Louzán, quen valorou de novo a labor dos alcaldes nestes tempos de crise, os cales ofrecen “solucións imaxinativas” para poder manter os servizos pese á “falta de recursos”, e volveu incidir na necesidade de realizar unha “política de proximidade”, na que os rexedores xogan un papel fundamental, que permita “coñecer de cerca todos e cada un dos problemas da cidadanía”.

As últimas palabras desta xuntanza popular correspondíanlle ao máximo responsable do PPdeG, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, quen chegou á Lanzada desde A Coruña mediado o discurso de Louzán e que centrou a súa intervención na necesidade de gobernar “con responsabilidade” no actual contexto, no que España se atopa nunha situación de “emerxencia nacional”, ao ter “máis de cinco millóns” de parados e o “maior déficit público” da Unión Europea. Por iso, o presidente do PP galego defendeu as reformas que se están a acometer desde o Goberno central co obxectivo de “distanciar ao país do borde do precipicio no que nos deixaron”.

Claro, que tamén houbo alusións á política municipal no seu discurso, no que tamén houbo louvanzas para os rexedores e no que se defendeu a fusión de municipios sempre e cando sexa realizada de “forma natural e voluntaria” por parte das administracións locais.

 

 
< Anterior   Siguiente >
 

Don Can

El Abrepuertas

O Con



Lume

bannerTerraza Devesas

Interfilm

A Optica de Ana

A Traiña

Ochoa Avogados

Xestión do novo goberno municipal?