www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
 
O festival ‘Ogrobe Rocks’ confirma a boa saúde da creación musical grovense PDF Imprimir E-Mail
sábado, 05 de enero de 2008

 Cinco grupos locais actuaron a pasada noite no café concerto TNT , ante un público con gañas de pasar un bo rato. Sobre o escenario pasou unha nutrida representación do que está a levar a cabo a nivel musical, a mocidade da vila. O festival contou co patrocinio e colaboración da Concellalia de Xuventude que dirixe Xan Lamelas.

VER FOTOGRAFÍAS  

Non estaban todos os que son pero son todos os que estiveron, cinco dos grupos musicais radicados no Grove ofreceron un concerto organizado en conxunto coa sala TNT, denominado “Ogrobe Rocks”.

Os encargados de abrir o festival foron os “Schizophrenic housewives” , grupo de recente creación, que se estreou neste festival e se autodenominan: “”moi xeitosos, moi aquelados e moi traballadores”, composto por Señora de Zé Pequeño (baixo), Señora de Michael J. Fox (guitarra) e Señorita Copperfield (bateria).

A continuación os  “Alto Volta” , música pop-rock alternativa, composto por Paco (baixo), Nestor (acústica e voz), Robillo (guitarra e programación), Iván (bateria) e Xous (guitarra); estrearon a remodelación na súa composición, xa que recentemente realizaron cambios na formación.

Os seguintes en subir ao escenario foron os “Mega purple sex toy kit” , composto por Alfonso (voz e guitarra acústica), Marcos (baixo), Uxío (guitarra), Fernando (órgano hammond), Ramón (batería),  o grupo grovense liderado por Marcos (meco de adopción) fixo gala dun fresco sonido do seu hard-rock psicodélico.

Antes do remate subiron ao escenario “Analogic” , composto por David (baixo), Tomás (batería), Anxo (voz e guitarra) e Trigo (guitarra); que tamén estreaba cambio de vocalista, adquirindo así un sonido aínda máis contundente do que nos tiñan acostumados.

Os encargados de pechar a noite foron os “Telephones rouges” , composto por Matitas Auch, Fosa Común, Rene Abaliños e Meursault. Arroupados por unha lexión de fans fixeron do seu sonido electrónico e distorsinado  mellor despedida ante casi 200 persoas que pasaron polo festival.

 
< Anterior   Siguiente >
 



A Traiña

Neptuno Sub

Casa Campaña

O Con

El Abrepuertas



A Optica de Ana



Don Can

Ochoa Avogados

Lume

Interfilm

Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?