www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  

farmacia

Baltar
Castelao, 44
986732134

horario

El Tiempo


Callejero

<< Febrero ’10 >>
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
 9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28

Usuario:

Password:



Registrarse


Mejor con Firefox

Interfilm

Imavisions, todo en informatica
 

Un milleiro de persoas despiden nunha sentida homenaxe a Miguel Fernández Lores "Lagar" PDF Imprimir E-Mail
sábado, 22 de diciembre de 2007

 Familiares, amigos e remeiros, procedentes de diversos puntos de Galicia e o País Vasco, asistiron este mediodía en Rons ó acto-homenaxe de despedida de Miguel Fernández Lores "Lagar", falecido nun tráxico accidente de tráfico o pasado mércores. Á 1 da tarde saliá o velero Nauja do porto do Grove cos familiares e as cinzas do falecido con dirección á Punta de Cantodorxo, nas inmediacións do Club de Remo Mecos, donde o esperaban arredor dun milleiro de persoas.

VER FOTOGRAFÍAS  

Sobre as 13:20 h. o presidente do Club de Remo Mecos , Ramón Outeda lia un comunicado de agradecemento da familia por todas as mostras de cariño recibidas, a continuación a Coral Polifónica da Confraría de de Pescadores de San Martiño do Grove, interpretou a Salve Marinera, mentres os remeiros mantian os remos en alto. A continuación a familia esparceu dende o Nauja parte das cinzas de Miguel "Lagar" nas augas da Ría de Arousa, donde tantas veces remara. A tripulación do Club de Remo Astillero , club ó que pertencia actualmente "Lagar" fixolle entrega dun obsequio á familia; tamén por desexo da familia parte das cinzas serán esparcidas mañan domingo noutra homenaxe que organiza o club Astillero ás 12:00 h.

 

COMUNICADO INTEGRO LEIDO POLO PRESIDENTE DO C.R. MECOS

 

Como presidente do Club de Remo, e en nome da familia de Miguel, quero agradecer as mostras de apoio e de condolencia nestes intres de inmensa dor.

 

Dar as gracias a tódolos Clubs de remo , deportistas, Xunta de Galicia, Dirección Xeral para o Deporte, Concello do Grove, Concello de Astillero, Federación Española de Remo, Federación Galega de Remo, Asociación do Deporte Meco, deportistas, amigos, veciños, e un longo etcétera, xa que é imposible nomear a grande cantidade de testimonios recibidos.

 

Agradecer en especial ós remeiros de Astillero e aficionados que fixeron unha longa viaxe para estar hoxe aquí con Miguel.

 

 Tamén queremos agradecer a presencia da Corporación Municipal; do presidente da Federación Galega de Remo, Sr. José Prada; presidentes dos clubs de remo; presidentes das entidades deportistas locais; afeccionados e veciños.

 

Recordo a Miguel cando ven por primeira vez a este club, tiña 13 anos, e o que son as circunstancias da vida, el practicaba o deporte do futbol, pero ese día non tiña adestramento e decidiu vir cun amigo que remaba en Mecos e animouse a experimentar as sensacións do deporte meténdose no foso do remo.

 

Esa tarde naceu nel unha gran pasión polo remo, que desmostrou con ilusión e constancia.

Foi para nos unha gran sorte coñecerte, porque estes anos vimos como crecestes como deportista, e o máis importante, como te formaste como persoa. Fostes amigo dos teus amigos, compañeiro dos teus compañeiros, unha persoa comprometida co remo revelandote contra todo aquello que era unha inxustiza. Tivemos momentos alegres, pero tamén os houbo difíciles, e ahí estabas ti Miguel para apoiar ós teus compañeiros.

 

Por todo isto serás un exemplo a seguir para tódolos que tivemos o pracer de coñecerte.

 

Conseguiches cos teus compañeiros grandes trunfos deportivos para este club, pero o éxito máis grande é a admiración do mundo do remo; por eso hoxe quixeron estar aquí contigo para mostrar o seu sentido testimonio e admiración a unha persoa ejemplar, e para remar xuntos nesta túa derradeira regata nas augas da Ría de Arousa onde comenzaste a dar as primeiras padexadas como remeiro.

 

A vida as veces é tan inxusta que nos privou da túa presencia, unha vida demasiado curta para alguen tan grande, pero chea de superación e soños, soños que viviste ata o final, por iso, os que tivemos a inmensa sorte de coñecerte non te esqueceremos xa que estarás presente no noso pensamento.

 

Miguel, nestas augas da Ría de Arousa comezaste como remeiro e formastete como deportista, e agora volves para quedarte para sempre con nós. Nos te esqueceremos.

Miguel, descansa nestas fermosas augas da Ría de Arousa.

 

NOTICIAS RELACIONADAS  

 
< Anterior   Siguiente >
 

El Abrepuertas

A Traiña







Ochoa Avogados

A Taperia

Don Can

Interfilm

Casa Campaña

A Optica de Ana

Neptuno Sub

O Timon

Cambio de sentido na Rúa Castelao?