www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  

farmacia

Lurdes C. Solá
Luis A. Mestre, 9
986730912

horario

El Tiempo


Callejero

<< Septiembre ’10 >>
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
  
 3
 4
 5
 6
 7
 8
 9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   

Usuario:

Password:



Registrarse


Mejor con Firefox

Interfilm

Imavisions, todo en informatica
 
A Federación Galega expedienta a cinco deportistas do Piragüismo Ogrobe PDF Imprimir E-Mail
jueves, 11 de marzo de 2010

A Federación Galega de Piragüismo ven de abrir expediente a unha decena de palistas galegos, entre os que se atopan cinco integrantes do Piragüismo Ogrobe, pola presunta comisión dunha “falta moi grave”, a suposta falsificación a pasada temporada dos datos da súa licenza deportiva.

Texto: I. Rodríguez

Entre os expedientados atópase o subcampión do mundo Antonio Campos e os seus compañeiros no Piragüismo Ogrobe Amaia Osaba, José Manuel Sánchez e Rubén Paz Dobarro, así como o propio presidente do club, Filipe Besada. Tamén se viu implicado o pontevedrés Álvaro Fernández Fiúza, campión do mundo de Maratón no 2009.

 

Segundo relatou o Club Piragüismo Ogrobe nun comunicado, o pasado 9 de novembro varios deportistas que na tempada 2009 subscribiran licenza coa Federación autonómica recibiron a comunicación da apertura do citado expediente por esa presunta “falta moi grave”, ter incluído na súa solicitude o seu “domicilio familiar” en Galicia, “para unha correcta comunicación e localización”, pese a que a maioría ten a súa residencia “dun xeito máis ou menos temporal” fora do país. O xuíz único da Federación interpretou estes feitos como unha posible falsificación dos datos da licenza, o que podería carrexar, segundo o comunicado, unha sanción de entre un e catro anos sen licenza deportiva.

 

A providencia do citado xuíz único responde a un escrito presentado polo presidente da Federación, ó edil grovense Alfredo Bea, no que informa de que en 2009 varios palistas con licenza autonómica tramitaron a súa vez unha licenza estatal con outra federación autonómica, polo que Bea ve “dúbidas” acerca da “legalidade de simultanear dúas licenzas na mesma tempada”. Ademais, Bea recalca no seu escrito que é preciso acreditar a residencia no territorio da federación pola que se tramita a licenza. Un requisito que os expedientados cumprían ao subscribir o domicilio familiar, pero dende que o Piragüismo Ogrobe ve coma unha “estupidez”, xa que, pregúntanse, “dende cando un deportista ten que ter residencia no territorio do club polo que compite?”.

 

Novamente, o Piragüismo Ogrobe sitúa tras desta polémica ao propio Alfredo Bea. Non en van, no propio comunicado recordan que Besada e Bea manteñen un “importante enfrontamento”. Para o club grovense, este expediente é un “despropósito” que carece de “fundamento xurídico” algún, e que e froito dunha “persecución” que ten coma único obxectivo que os afectados non poidan competir. Por iso, solicitarán ao secretario xeral par ao Deporte da Xunta, José Ramón Lete, a súa intermediación neste conflito.

 

 
< Anterior   Siguiente >
 



A Traiña

Ochoa Avogados

A Optica de Ana



O Con

Lume

El Abrepuertas



Casa Campaña

Don Can

Neptuno Sub

Interfilm

Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?