|
Esta tarde os integrantes do histórico grupo musical grovense, acompañados do concelleiro de Cultura, Antón Mascato, presentaron o concerto que ofrecerán o vindeiro 19 de decembro no Pavillón Municipal dos Deportes, no cal se conmemora o corenta aniversario da disolución da formación que puxo letra e voz a unha xeración meca. VER FOTOGRAFÍAS
Texto: L. Prieto | Fotos: M. Muñiz
Corría o ano 1966 cando Carlos Otero Padín, Evaristo Novas Lijó, Juan José Prieto Piñeiro, Anselmo Aguín Prol e José Bea Romay fundaron Os Beyer Boy’s, procedentes varios de eles de un proxecto musical previo denominado Grovers. Nos seguintes tres anos colleitaron diversos éxitos musicais deixando unha pegada inesquecible na sociedade da época, que culminaron coa súa vitoria no Festival Perla de Arosa de 1969, celebrado en Vilagarcía e dotado por aquel entonces con un premio en metálico de 10.000 pesetas (60 euros). Concerto É por isto que os compoñentes do grupo, en colaboración coa concellería de Cultura do Concello do Grove, organizaron un concerto que baixo o lema “1969-2009. Corenta anos nos corazóns” reunirá sobre o escenario aos compoñentes dos grupo. A entrada ao concerto terá un prezo de 5 euros, o montante recadado, unha vez cubertos os gastos, destinarase aos fins socias que decidan Os Beyer Boy´s e os Servizos Sociais do Concello do Grove. Esta única actuación terá lugar no Pavillón dos Deportes do Monte da Vila, o próximo 19 de decembro a partir das 19.00 horas. |