www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  

farmacia

Baltar
Castelao, 44
986732134

horario

El Tiempo


Callejero

<< Febrero ’10 >>
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
 9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28

Usuario:

Password:



Registrarse


Mejor con Firefox

Interfilm

Imavisions, todo en informatica
 

Amigos da Dorna Meca pecha a tempada coa súa asemblea xeral PDF Imprimir E-Mail
sábado, 14 de noviembre de 2009

A asociación local remata o ano coa vista posta na actividade a desenvolver no próximo ano, no que pretenderán manter a liña de traballo actual baseada na organización de regatas de dornas a vela e saídas abertas para o fomento da navegación tradicional.

VER FOTOGRAFÍAS

Redacción | Fotos: M. Muñiz

A entidade que preside Lino Prieto levou a cabo esta tarde a súa asemblea xeral ordinaria  nas instalacións do CIPES, en Punta Moreiras. Entre os puntos da orde do día estaba a memoria de actividades deste 2009 na que destacan a organización da XIII Regata dos Faros, a II Regata de San Vicente en colaboración co Club Náutico San Vicente do Mar, a Regata do Marisco incluída no programa da festa gastronómica, así como diversas colaboracións con outras entidades e colectivos.

 

Participacións

Amigos de Dorna Meca ven participando durante toda a tempada en infinidade de eventos por toda a xeografía galega, boa mostra de elo son o desprazamento das súas embarcacións e tripulantes ao IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Muros 2009, a Festa do Mar de Combarro, a Tall Ship Atlantic Challenge de Vigo e as diversas regatas de dornas a vela disputadas por toda a ría de Arousa.

 

Saídas abertas

A asemblea acordou tamén que a asociación continuará a desenvolver as Saídas Abertas, unha actividade dirixida ao público en xeral, na que toda persoa que teña interese ou curiosidade por coñecer a navegación tradicional a vela poida experimentala a bordo do buque-insignia da entidade: a dorna Meca.

 

Racú

A maiores da xuntanza asemblearia a asociación aproveitou a xornada para achegar ao Centro de Interpretación da Pesca e a Salga unha das súas embarcacións, o Rakú, unha embarcación que permanecerá exposta no interior ata a próxima temporada, cando volverá a navegar pola ría.

 
< Anterior   Siguiente >
 

El Abrepuertas

A Traiña







Ochoa Avogados

A Taperia

Don Can

Interfilm

Casa Campaña

A Optica de Ana

Neptuno Sub

O Timon

Cambio de sentido na Rúa Castelao?