www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
 
Numeroso público asistiu á presentación do libro “La vida bajo la quilla” PDF Imprimir E-Mail
sábado, 31 de octubre de 2009

 Esta mañá foi presentado o volume La vida bajo la quilla, Fauna y flora marina de las Rías Baixas, elaborado por Rafael Sanmartín Lois e José Luis Escalante González, editado por Todogrove Edicións. O salón social do Club Náutico San Vicente do Mar foi o lugar da presentación deste novo libro, unha obra de carácter divulgativo que recolle nas súas 224 páxinas máis de 350 fotografías submarinas a toda cor realizadas por Rafael Sanmartín Lois, e documentadas polo biólogo mariño grovense José Luis Escalante González.

VER FOTOGRAFÍAS  - VER VÍDEO

Texto e fotos: L. Prieto

Presentación

Presentaron o libro os principais actores implicados no mesmo: Xosé Avelino Ochoa, presidente do Club Náutico San Vicente do Mar; Miguel Muñiz, responsable de Todogrove Edicións; xunto cos propios autores Rafael Sanmartín Lois e José Luis Escalante González.

Pola súa banda Ochoa destacou o carácter divulgativo e tamén o rigor científico desta obra, á que cualificou como “necesaria”. Miguel Muñiz transmitiu o seu agradecemento aos autores pola confianza depositada  “nesta editorial que está botando a andar” para afrontar a realización deste proxecto, destacando tamén a importancia de que “os contidos do libro son totalmente próximos xa que as fotografías que o ilustran foron feitas na costa da península meca”.

Tanto Sanmartín como Escalante quixeron manifestar o seu agradecemento aos asistentes ao acto e tamén a todos os implicados na realización deste volume que “amosa unha cara descoñecida do noso mar para a maioría de nós”, como foi Lino Prieto, encargado da maquetación; Carlos Crespo responsable do deseño gráfico e Diana Costas que realizou a revisión ortográfica.

 

Xa á venda

La vida bajo la quilla, Fauna y flora marina de las Rías Baixas xa se atopa á disposición do público nas principais librerías. O volume conta con 224 páxinas en encadernación rústica, ilustrado con fotografías a toda cor tamén se podía adquirir nesta presentación, xa que contou coa participación da agrupación de libreiros do Grove.

 

Remate da tempada

O acto desta mañá pon o colofón, por unha banda, á actividade social da entidade no que se refire a este ano 2009, e por outra ao mandato da actual directiva, capitaneada por Xosé Avelino Ochoa. O Club Náutico vivirá un proceso electoral interno no mes de decembro.

 
< Anterior   Siguiente >
 



O Con

Interfilm

Lume

Neptuno Sub

Ochoa Avogados

A Traiña

A Optica de Ana



El Abrepuertas

Don Can



Casa Campaña

Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?