www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
 
Velas de todo tipo encheron esta tarde as inmediacións do porto do Grove PDF Imprimir E-Mail
sábado, 26 de septiembre de 2009

Velas marconi, ao terzo e cangréxas déronse cita esta tarde en Confín, onde xuntas celebraron a Festa da Vela, unha xuntanza organizada pola Escola de Vela O Grove na que embarcacións de vela de diversas tipoloxías despiden a temporada de verán.

VER FOTOGRAFÍAS

Texto: L. Prieto | Fotos: M. Muñíz/L. Prieto

Coa chegada do outono redúcense os días de bo tempo para gozar da navegación a vela, é por isto que os responsables da Escola de Vela O Grove decidiron, hai xa cinco anos, organizar a que deron en denominar Festa da Vela, que consiste nunha xornada de encontro e navegación no que procuran que todos os seus barcos saian ao mar.

Este ano a festa contou con varias novidades, a primeira foi a participación da goleta Raquel C, recentemente rehabilitada para a vela e empregada como buque-escola, e por outra a Escola de Vela O Grove convidou a participar á Asociación de Amigos da Dorna Meca que asistiu con varias das súas embarcacións: A Meca, Rakú e dúas dornas polbeiras.

Ao remate da navegación os barcos volveron ao porto, os tripulantes reuníronse xa en terra para tomar un pincho e un refrixero.

 
< Anterior   Siguiente >
 



O Con



Lume

A Traiña

Interfilm

Casa Campaña

Don Can

A Optica de Ana

Ochoa Avogados

El Abrepuertas

Neptuno Sub



Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?