www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
 
A Fuxe vence o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo PDF Imprimir E-Mail
sábado, 19 de septiembre de 2009

A celebración da segunda edición desta regata reuniu a 30 dornas na praia de Porto Meloxo, unha xornada que mesturou lecer e deporte organizada polo Bar Meloxeira en colaboración coa Asociación de Amigos da Dorna Meca.

VER FOTOGRAFÍAS
Texto e fotos: L. Prieto

As embarcacións cegaron de portos das rías de Arousa e Pontevedra, como O Grove, Illa de Arousa, Cambados, Vilanova de Arousa e Portonovo. A pesar de que o día nas súas primeiras horas semellaba de todo desapacible, foron numerosas as tripulacións que se achegaron ata Porto Meloxo para disfrutar dunha agradable tarde de navegación.

Logo dunha espectacular saída na que as dornas tiveron que partir da praia, o vento de proa propiciou un espectáculo formado polas 30 embarcacións dando bordos para saír do bocana do porto e completar un percorrido que as levou ata o faro das Pedras Albas e un paso obrigado diante da praia do Carreiro.

 

Clasificación

A clasificación completouse coa Fuxe no primeiro posto, da Asociación de Amigos da Dorna Meca e con Manolo Parada na caña; a Cariñosa, de Victor e Checo, pola Asociación Cultural Dorna, no segundo lugar; e a Xarandeira de Santiago Mougán, da Asociación Fasquía, de terceira.

 

Penúltima regata

Ao remate da proba as tripulacións reuníronse na paria para degustar de un pincho e unhas sardiñas asadas nun ambiente de cordialidade. A seguinte cita para as dornas será tamén no Grove, o vindeiro 3 de outubro na Regata do Marisco 2009, a cal pecha o calendario da presente tempada.

 
< Anterior   Siguiente >
 

O Con

Interfilm



Neptuno Sub

A Traiña



Casa Campaña

Ochoa Avogados

A Optica de Ana

El Abrepuertas

Don Can

Lume



Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?