www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
O Voodoo de Gerardo Iglesias faise coa II Regata de Clásicos Emprosal PDF Imprimir E-Mail
lunes, 24 de agosto de 2009

A competición desenvolveuse durante a tarde do domingo, con un vento de compoñente constante que roldou os 15 nós, e nela participaron un total de 14 embarcacións, que se dividiron en tres categorías.

VER FOTOGRAFÍAS
Texto e fotos: L. Prieto

As embarcacións participantes nesta regata clasificáronse como barcos de época, construídos en madeira e botados antes de 1950; clásicos, construídos en madeira e botados entre 1950 e 1974 e os denominados Espíritu de Tradición, os construídos en calquera material despois de 1975 conforme a planos e formas de tempos pasados.

Como quedou dito o Voodoo, patroneado polo grovense Gerardo Iglesias, foi o primeiro en completar o percorrido trazado para a ocasión, proclamándose campión na categoría de Espíritu de Tradición, este mesmo patrón fora vencedor da primeira edición desta proba a bordo do Salseiro. Na categoría de barcos de época o gañador foi o galeón Nuevo Sofía, armado pola asociación Rabandeira, de Vilanova de Arousa, e con José Luís Iglesias á caña.

E o barco clásico máis rápido foi o Mizar, do tamén grovense Miguel Triñanes.

 

Diversos premios

Houbo premios destinados a outros aspectos que os directamente relacionados coa competición en si, houbo un agasallo para o barco con maior tripulación feminina e outro regalo para o barco con maior tripulación infantil, estes dous recoñecementos foron para o Zorba, armado por Pepe Garrido.

Outro dos agasallos especiais correspondeu á embarcación máis fermosa, elixida mediante votación por todos os tripulantes implicados na regata, que na súa maioría elixiron como embarcación máis fermosa á dorna xeiteira A Meca, da Asociación de Amigos da Dorna Meca.

Desde o Club Náutico San Vicente do Mar quixeron agradecer a participación de todas as embarcacións, na súa maioría grovenses, así como o apoio prestado pola firma Emprosal no patrocinio desta proba.

 

Clasificación xeral en tempo real II Regata de Clásicos Emprosal:

 

Posto

Nome da embarcación

Categoría

Procedencia

1

Voodoo

E. de tradición

O Grove

2

Miña Miniña

E. de tradición

O Grove

3

Mizar

Clásico

O Grove

4

Zorba

E. de tradición

O Grove

5

Rabandeira

E. de tradición

Vilanova de Arousa

6

A Meca

E. de tradición

O Grove

7

Cassandra

Clásico

Portonovo

8

Nuevo Sofía

Época

Vilanova de Arousa

9

Sara O

E. de tradición

O Grove

10

Ayala

E. de tradición

O Grove

11

Lavanqueira

E. de tradición

Illa de Arousa

12

Rakú

Clásico

O Grove

13

Centolo

E. de tradición

O Grove

--

Aguete

Clásico

Marín

 
< Anterior   Siguiente >