www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
 
Miguel Pérez e Alexandre Aguín exentos de responsabilidade no caso das listas vascas PDF Imprimir E-Mail
viernes, 03 de julio de 2009

Os dous concelleiros populares, ofreceron esta mañá, acompañados do seu avogado, Martín Serantes, unha rolda de prensa para facer público o Auto da Audiencia Provincial de Pontevedra, en relación co denominado “caso das listas vascas” onde a Audiencia rexeita o recurso do Concello do Grove e devolve o procedemento ao Xulgado de Cambados para que continúe coas dilixencias tratando de averiguar quen e porque falsificou as sinaturas dos falsos voluntarios para elaborar as listas do PP vasco.

ESCOITAR ROLDA DE PRENSA

Texto e foto: M. Muñíz

Neste mesma liña o pasado mes de maio, a Audiencia Nacional decidiu anular a sanción de 60.101 euros que por este mesmo asunto fora imposta ao PP desde a Axencia Española de Protección de Datos, ao consideralos responsables de utilizar publicamente nomes de persoas que non deran o seu consentimento.

Pero a Audiencia Nacional esgrimiu que non tiña sentido impoñer aquela multa antes de que se resolvese o proceso xudicial, por iso anulou a sanción económica advertindo de que, pola contra, estábase xulgando o caso das listas vascas por dúas vías ou procesos paralelos.

Así pois, a decisión do Xulgado de Primeira Instancia de Cambados, a tomada pola Audiencia Nacional e a ditada agora pola Audiencia Provincial de Pontevedra eximen a Pérez e Aguín de toda responsabilidade neste polémico asunto, o cal, segue adiante con Jesusa Otero como única imputada, para determinar se os feitos que se lles atribúen son constitutivos dun presunto delito de falsidade documental.

 

ESCOITAR ROLDA DE PRENSA

 

 
< Anterior   Siguiente >
 





Ochoa Avogados

Lume

A Traiña

A Optica de Ana

Neptuno Sub

Interfilm



O Con

Casa Campaña

El Abrepuertas

Don Can

Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?