|
Dende a agrupación local de Esquerda Unida do Grove, amosan a través dun comunicado o seu malestar pola cancelación do pleno ordinario correspondente ao mes de marzo por parte do Alcalde.
Redacción | Foto: M. Muñiz
Para EU, a cancelación do pleno non se xustifica con que non houbese mocións presentadas en prazo para incluír na orde do día, pois “aínda quedarían os puntos de mocións de urxencia e de rogos e preguntas (sen contar a aprobación de actas anteriores ou a dación de contas dos decretos emitidos pola alcaldía), puntos que por si mesmos poden alcanzar gran importancia para os intereses dos veciños e veciñas, pois é a través dos rogos e preguntas como a oposición controla ao goberno e transmite as peticións que os veciños lles fan, e que poden ser cuestións que se lle tivesen escapado ao goberno”, o que pasa EU signifique a posta en marcha de algunha solución ou iniciativa. En canto ás mocións de urxencia, Xan Lamelas, tiña presentadas dúas mocións para ser incluídas na orde do día pola vía de urxencia e debatidas no pleno que se tería que ter realizado este pasado luns, e que terán que agardar a outra ocasión para o seu debate e votación plenaria. Polo tanto, desde Esquerda Unida, solicitan que unha situación como esta “non se volva a repetir, polo ben dos intereses veciñais e do funcionamento democrático das institucións municipais”. Pacto de Goberno Noutro orde de cousas, desde Esquerda Unida, convocaran a unha xuntanza ao resto de compoñentes do cuatripartito para realizar unha revisión dos acordos do pacto de goberno, do seu grao de cumprimento así como “unha lectura dos resultados das últimas eleccións autonómicas tras as que haberá un cambio na dirección política do país, modificando substancialmente o panorama autonómico que facilitou a sinatura do pacto de goberno”. Mocións presentadas por EU: http://docs.google.com/Doc?id=dhsrn2fd_56htkcxfg9 http://docs.google.com/Doc?id=dhsrn2fd_52f7qzdhcb |