www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
 
Os Garoulos fanse co terceiro posto no Concurso de Murgas de Pontevedra PDF Imprimir E-Mail
viernes, 27 de febrero de 2009

 A comparsa Os Garoulos logrou onte xoves, o terceiro posto na final do XVIII concurso de Murgas de Pontevedra. O xurado valorou con 51 puntos a actuación dos mecos, insuficientes para superar os 55 da “Banda de Vanqueros-Vampiros” e os 58 de “Amoriños de Bora”, gañadores do concurso. “Os do Val do Lérez” pecharon a clasificación da final. No Grove este sábado procederase á gravación sonora das comparsas, e tamén haberá festa en San Vicente, con variedade de actos. Por outro lado xa están dispoñibles os vídeos do Festival de Comparsas na nosa sección Todogrove.tv

VER FOTOGRAFÍAS

Primeira parte: As Cantareiras, Os Ultraur e Os Güeros

Segunda parte: Os Garoulos, Os da Bayuca e As + Plus

Redacción | Fotos: J. Otero

Ademais dos Garoulos, outras dúas formacións grovenses, Os Ultra Sur e As + Plus,  actuaron no festival pontevedrés quedando apeadas na eliminatoria previa. Os da Bayuca, que constaba na lista de participantes, renunciaron a última hora por problemas de axenda.

En Sanxenxo foron Os Ultrasur os que se fixeron co primeiro premio.

 

San Vicente do Grove

A Concelleria de Cultura e a Asociación Cultural Roza do Pedrol, recuperan a tradición da figura do Choqueiro, que en San Vicente sempre estivo vencellada ao uso do vimbio como ferramenta para arrear nas pernas dos que non se disfrazaban, convocando unha concentración de choqueiros e choqueiras no lugar da Area, ou cruce de San Vicente, que disporá animación e de especiais medidas para a seguridade vial dos concentrados…

 

Na noite de onte todas as casas recibiron un bando, inspirado pola memoria de José Pérez, O Coxo, instando á participación neste encontro de choqueiros armados de vimbios, co obxectivo de pasalo ben, darlle gusto ao corpo propio e uns bos zurriagazos aos desleigados… para rematar por volta das sete da tarde coa queima dos vimbios e un recital de comparsas. Ese convite fóille dirixido tamén “aos veciños dos veciños de San Vicente, xentes que viven na parroquia de embaixo”, coñecidos alí como “os da vila”, dos que se agarda unha interesante representación, “porque non vai ser todo sempre na catorse”.

 

Na Casa da Cultura, a Anpa do Colexio das Bizoca, organiza unha festa de disfraces para os mais pequenos, na que previsiblemente o “efecto choqueiriño lle gañe por puntos á peste Disney”.

 

Gravación do CD

A gravación dos disco das Comparsas, será na Casa da Cultura do Monte da Vila, durante a tarde, estando prevista a actuación de todas as comparsas que este ano actuaron en concurso ou por fóra del: Os Groveiros, As cantareiras, A Maraghota e Media, As + Plus, Os Güeros, Os Ultrasur, Os Garoulos, Os Firrás e Os da Bayuca, por esta orde; e unha vez rematada terá lugar o enterro da Sardiña.

 

 

Sábado 28 febreiro

 

Recital de comparsas na Casa da Cultura do Monte da Vila

 

16:30 h. Actuación da primeira das comparsas.

 

19:00 h. Actuación da comparsa gañadora do   Festival 2008.

 

19.30 h. Entrega dos premios Entroido 2008.

 

(Entrada libre ata completar o aforo).

 

 

Concentración de choqueiros e choqueiras en San Vicente

 

Recuperando as nosas tradicións

 

16.30 h. a 19.30 h.  No lugar da Area, San Vicente.

 

Procederase á queima do Vimbio ás 19.00 horas.

 

 

17.30 horas: Actuación da comparsa Os da Bayuca.

 

19.30 horas: Actuación das Comparsas As + Plus e Os Ultra Sur.

 

Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder de San Vicente.

 

 

Festa infantil de disfraces

 

16.30 h. Na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente.

 

 

Enterro da Sardiña

 

20.00 h. Velorio, responso e condución dende o velorio na Casa da Cultura  Manuel Lueiro,  ata a Praza do Concello onde será incinerada a difunta.                 

 

             

 

 

 

 

 

 

 

 
< Anterior   Siguiente >
 

A Optica de Ana



Neptuno Sub

O Con

Ochoa Avogados



Interfilm

El Abrepuertas

A Traiña

Don Can

Lume



Casa Campaña

Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?