|
Na noite do sábado celebrouse o Festival de Comparsas do Grove que volveu acadar un novo record de público e participantes. Case tres mil persoas encheron o pavillón de deportes, contando ao público e participantes. TODOGROVE produciu a gravación dun programana televisivo que será emitido hoxe domingo ás 22.15 h, e mañá luns ás 14.30 h. simultaneamente por TV Salnés-Barbanza e Canal Rías Baixas. Na Internet podese ver na sección de Todogrove.tv: FESTIVAL DE COMPARSAS 1 - FESTIVAL DE COMPARSAS 2
VER FOTOGRAFÍAS
Redacción O festival presentado polo actor Manolo Cotés, foi aberto polo grupo Santa Fé, que nestes días compite para ser o representante español en Eurovisión; unha promoción que non lle significou custes para o Concello e que foi xestionada por Todogrove Comunicación xunto con Virvi Fraga Producciones. A continuación tivo lugar a primeira das actuacións das Comparsas, fóra de concurso, Os Firrás, que dirixe Tonio Domínguez. Este histórico dirixente de comparsas recibeu, moi emocionado, xunto cos seus compañeiros Gerardo Sanmartín, Cobito Canalla e Moncho García unha homenaxe en recordo da Comparsas dos Barbeiros, que nos anos sesenta e setenta foron unha das máis célebres murgas grovenses. Un emocionante momento introducido polo concelleiro de Cultura, Antón Mascato, no que se lles entregou un gran cadro da memoria desa comparsa, sendo ademáis de obxecto de agasallo por parte de representantes das que concursaron este ano. O resultado das votacións do xurado, formado por nove membros, foi o seguinte: Primeiro premio: Os da Bayuca, bandeira Concello do Grove 2009 e 1.100 euros. Segundo premio: Os Garoulos, con 1.000 euros. Terceiro premio: Os Ultrasur, con 900 euros. Cuarto premio: O Gueros, con 450 euros. Quinto premio: As +Plus, con 450 euros. Sexto premio: A Maraghota e media, con 450 euros. Sétimo premio: As Cantareiras, con 450 euros. Durante as deliberacións do Xurado actuaron, fóra de concurso, As Paparrikas de Poio, cantouse o que xa é considerado o himno alternativo do Entroido meco, o "Dilaila" cantado polo Zorro e os seus mariachis, que foi coreado por un público entregado que non se despegou do asento ata o remate do festival, cinco horas de emoción, divertimento e paixón, no que non houbo que lamentar ningún incidente. |