www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
102 denuncias por incumprir as ordenanzas de medio ambiente PDF Imprimir E-Mail
viernes, 13 de febrero de 2009
Os axentes da Policía Local realizaron no que vai de ano 102 denuncias que incumprían as ordenanzas municipais de medio ambiente. A infracción máis frecuente é o depósito de residuos fóra dos recipientes para a súa recollida.
Texto: M. Muñiz

Dende a concellería indican que a día de hoxe, o número de denuncias foi descendendo “debido a que moitos veciños están tomando maior concienciación en diversos temas relacionados co medio ambiente, limpeza...”. Desde a concellería que dirixe Noemí Outeda, agradecen a colaboración cidadá “ante este novo reto que é: O Grove limpo, de ti tamén depende”.

 

As 102 denuncias, divídense en, 47 denuncias por depósito de residuos de menos de 10 kg. fóra dos recipientes para  a súa recollida; 13 denuncias por depósito de residuos de mais de 10 kg. e menos de 100 kg.  fóra dos recipientes para  a súa recollida; 3 denuncias por depósito de residuos de máis de 100 kg. fóra dos recipientes para  a súa recollida; 12 denuncias a establecementos con terraza sen colocación de papeleiras para recoller residuos de consumo; 6 denuncias por colocar carteleira publicitaria no mobiliario urbano; 9 denuncias por depósito de residuos fóra dos horarios establecidos e 12 denuncias por outros vertidos de residuos incumprindo o disposto na ordenanza.

 
< Anterior   Siguiente >