www.turismogrove.com  www.marisqueriassolaina.es/  
 
Sete comparsas xa confirmaron a súa participación no Entroido 2009 PDF Imprimir E-Mail
martes, 13 de enero de 2009

 Na noite de onte, luns, tivo lugar a reunión preparatoria do entroido grovense entre o responsable de Cultura do Concello e os representantes das diferentes comparsas. Asistiron á mesma membros dos Güeros, As + Plus, Os da Bayuca, Os Groveiros, Os Garoulos, Os Ultra Sur, e As Cantareiras. Á espera de confirmación quedan outras comparsas que se formaron nos anos pasados, como o caso de A Corda Floxa, os Nenos Cantores da Coral Polifónica de Puerto Piojo, Os Firrás ou Os da Criba. Espérase a formación dalgunha nova comparsa.

VER FOTOGRAFÍAS

Redacción | Fotos: M. Muñiz

Nesta primeira reunión na que as Comparsas tiveron voz e voto en todas as cuestións que lles afectan, aprobouse o regulamento de bases, os criterios de xurado e premios do Festival que nesta ocasión suben ata 1100 euros para a primeira clasificada, 1000 e 900 para a segunda e terceira, e 450 euros para cada unha das restantes participantes no concurso. Os membros do xurado, formado por nove persoas das que seis serán foráneas e tres grovenses, serán escollidos polo Concello, en base ao criterio de sexan especialistas en tres bloques temáticos: letra, música e representación, para avaliar a capacidade crítica, a calidade musical e a escenificación da proposta de cada unha das comparsas.

As entradas do festival serán postas á venda con antelación á data de celebración, o sábado 21 de febreiro, para facilitar a entrada no pavillón de deportes, e terase a dobre opción de adquirir o disco editado no Entroido do ano pasado, ou coller o bono para a o CD coa edición que se faga este ano.



Un disco e un audiovisual

O Festival será, como ven sendo habitual, o sábado anterior ao martes do Entroido, no sábado seguinte terá lugar a gravación do disco que se realizará, por parte do técnico de son Kiko Bea, na Casa da Cultura do Manuel Lueiro Rey, á que poderá asistir público ata completar o aforo. Todo o Entroido grovense deste ano será gravado en vídeo polo director Rubén Domínguez, para formar parte dun audiovisual que incluirá ademáis unha serie de entrevistas cos principias animadores do carnaval grovense como José Pérez, O Coxo, ou Antonio Domínguez, de San Vicente; Tonio e Cándido dos Barbeiros, os fillos do señor Caneda, membros dos Coanchos como Madalena e Fraga, e os líderes das comparsas actuais. O concelleiro de Cultura, Antón Mascato, fixo un chamamento á colaboración veciñal na realización deste documental, achegando historias de comparsas, fotografías do Entroido de todas as épocas, gravacións sonoras ou de video, así como calquera documentación referida a este evento.



Exposicións, charlas, homenaxes e actuacións

Diferentes exposicións de fotografías e historias de Comparsas, xunto con charlas e mesas redondas, actuacións en diferentes lugares de San Martiño e San Vicente de comparsas locais e algunha estelar chegada dende a Península do Morrazo, ademáis da homenaxe aos membros vivos da Comparsas Os Fígaros, ou Os Barbeiros, serán algunhas das restantes actividades a desenvolver nesta edición do Entroido meco que comezará o xoves de compadres, día 12 de febreiro e rematará o sábado 28 coa gravación do disco e o remate das exposicións.

 
< Anterior   Siguiente >
 



A Traiña

Neptuno Sub

O Con

Lume

Interfilm



A Optica de Ana

Ochoa Avogados

Don Can



El Abrepuertas

Casa Campaña

Crees que o tripartito chegará ao final do mandato?