|
O Galiza Pulgas Circus ofreceu un dos espectáculos máis esperados do Nadal |
|
|
|
|
sábado, 27 de diciembre de 2008 |
|
O Circo de Pulgas Carruselo, herdeiro directa da prestixiosa escola galega da doma de pulgas, marabillou a nenos e país no menor espectáculo do mundo que se desenvolveu esta tarde na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Este acto encadrouse dentro da programación de Nadal da Concellería de Cultura do Concello do Grove. VER FOTOGRAFÍAS
Dada a necesidade de que os nenos e nenas puideran ver as pulgas circenses de preto, restrinxiuse o número de espectadores, sendo un máximo de 25 por sesión, que se distribuíron en dúas sesións, ás 17.30 e ás 18.30 horas. O espectáculo de corenta e cinco minutos de duración desenvolveuse cunha gran atención e emoción por parte dos máis cativos que gozaron dos números circenses das tres pulgas do amestrador de fama mundial Carruselo. |