| O restaurante-tapería Misturas abriu esta tarde as súas portas por primeira vez | | | |
| Escrito por Administrator | | Friday, 09 July 2010 | Tarde de inauguración a vivida este venres na rúa Pratería, coa apertura oficial dun novo establecemento hostaleiro na vila, o restaurante e tapería Misturas, que comeza a súa andaina cunha clara aposta pola cociña tradicional “de mercado”. VER FOTOGRAFÍAS
Leer más... | | A Corporación rende homenaxe aos deportistas Jorge Aguín e Elena Naveiro | | | |
| Escrito por Administrator | | Friday, 09 July 2010 | |
Os grovenses Elena Naveiro e Jorge Aguín foron hoxe publicamente homenaxeados polos seus recentes éxitos deportivos nunha recepción celebrada ás oito e cuarto da tarde no salón de plenos da Casa Consistorial. VER FOTOGRAFÍAS
Leer más... | | As bandeiras azuis xa ondean nas praias e no porto de Pedras Negras | | | |
| Escrito por Administrator | | Friday, 09 July 2010 | | As autoridades locais procederon hoxe ao tradicional izado da bandeira azul na praia da Lanzada, un acto simbólico co que se da comezo de xeito oficial a unha temporada de baño na que máis de cincuenta persoas velarán por que todo transcorra sen maiores incidencias. Pola tarde foi a quenda do porto Deportivo de Pedras Negras, que tamén recibe este ano a distinción.
VER FOTOGRAFÍAS
Leer más... | | Carlos Álvarez invita a Miguel Pérez a retirarse da política | | | |
| Escrito por Administrator | | Friday, 09 July 2010 | O comunicado do BNG reclamando o inicio dos contactos para pór en marcha o PXOM está dando moito de si. Hoxe venres, o voceiro nacionalista, Carlos Álvarez, respondeu as críticas vertidas polo PP grovense nos últimos días, e invitou ao seu presidente a “deixar xa a política”.
Leer más... | | O PP denuncia a falta de seguimento do Concello ás obras de Punta Moreiras | | | |
| Escrito por Administrator | | Friday, 09 July 2010 | Os populares grovenses denunciaron que non se está a respectar o proxecto orixinal nas obras de recuperación das naves da salga de Punta Moreiras, e apuntaron a unha “importante perda de metros cadrados” na nave, que “incidirán moi negativamente na parte expositiva e divulgativa” deste espazo.
Leer más... | | EU ve “oportunista” a postura do BNG local | | | |
| Escrito por Administrator | | Friday, 09 July 2010 | A agrupación local de Esquerda Unida súmase ás críticas á solicitude do BNG grovense dun “cambio de rumbo” no Goberno municipal. Xan Lamelas criticou o “oportunista” desta postura, posto que, si fose a inicial, o Goberno local “posiblemente seguiría estando en maioría”.
Leer más... | |