www.ferredomi.com/  www.burgerdrey.com  
 
banner

Lo ultimo

Get Flash to see this player.

O Grove acollerá o Campionato de Galicia de contra reloxo por equipos de ciclismo Imprimir E-Mail
martes, 22 de abril de 2014

Un total de 25 equipos ciclistas loitarán, na tarde deste sábado, polo título autonómico de contra reloxo sénior e master, que se disputará nas estradas de San Vicente. A competición contará coa participación dun equipo grovense. O domingo terá lugar a proba de fondo na que estará en xogo o Trofeo Hotel Mirador Ría de Arousa e para a que está confirmada a presenza de preto de douscentos ciclistas.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
Os xuvenís de Mecos proclámanse campións galegos de bateis Imprimir E-Mail
lunes, 21 de abril de 2014

 A embarcación grovense non dou opcións aos seus rivais na final do Campionato Galego. Os de Rons, ademais,  lograron o bronce nas categorías cadete masculino e absoluta feminina. As xuvenís de Amegrove CR finalizaron cuartas. Tan só os xuvenís do CR Mecos teñen asegurada a presenza no campionato de España da vindeira semana, os demais deberán agardar a posibles renuncias.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
A permanencia segue na mira do Unión SD tras gañar pola mínima Imprimir E-Mail
martes, 15 de abril de 2014

 O conxunto que dirixe Borja Burgos logrou unha traballada e sufrida vitoria ante o CD Barco. Ameixeiro, de cabeza, anotou o único tanto do encontro. Os grovenses seguen con opcións e loitarán ata o final por manter a praza na Preferente Sur, aínda que a permanencia depende de terceiros. A vindeira semana visitarán o campo do pechacancelas.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
O campionato do mundo Surf Rías Baixas Pro disputarase este domingo Imprimir E-Mail
sábado, 12 de abril de 2014

 O Surf Rías Baixas Pro 2014 disputarase completo este domingo na Lanzada. Surfeiros de todo o mundo están preparados para esta proba puntuable para o Circuíto do Mundo ASP Event QS 1 Star Masculino e Feminino. Surfeiros da talla do alemán Marlon Lipke, Campión de Europa ASP 2012, os franceses Joan Durú e Alizé Arnaud, os mellores nacionais como o canario Jonathan González, o galego Gony Zubizarreta, o vasco Hodei Collazo e o galego de adopción Vicente Romeu xogarán todo a unha carta para facerse coa vitoria.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
A Lanzada se convierte en el epicentro mundial del surf Imprimir E-Mail
viernes, 11 de abril de 2014

 Faro de Vigo

El Surf Pro Rías Baixas está lanzado. Este campeonato mundial que se celebra en aguas de la playa grovense de A Lanzada y organiza la Diputación de Pontevedra se desarrolla desde ayer hasta el domingo e incluye tanto la competición propiamente dicha -aunque ayer tuvo que ser aplazada, por falta de olas- como todo tipo de actividades complementarias y promocionales, que son las que realmente están en marcha y convierten al emblemático arenal en una auténtica fiesta.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 15 de 2361

destacado

Importante participación no Campionato de Surf A Lanzada - Concello do Grove

A praia da Lanzada acolleu o fin semana a primeira proba do circuíto galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard, coa celebración do Campionato de Surf A Lanzada-Concello do Grove. Esta proba acadou unha significativa participación con 110 inscritos entre todas as categorías. O vindeiro fin de semana celebrase o Rías Baixas Surf Pro.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
A traiñeira de Cabo da Cruz logra a máis rápida na Contra-Reloxo da Lanzada

Un total de 23 traiñeiras tomaron a saída este domingo na XI Contra-Reloxo da Lanzada que finalmente se tivo que disputar no porto do Grove. A embarcación de Cabo da Cruz foi a rápida cun tempo de 20’06’’76, Tirán rematou segunda a 17’’61 e a Pabliño de Amegrove CR foi terceira a 14’’95. O CR Mecos, organizador da proba, finalizou no décimo posto, namentres a embarcación B da mequiña foi décimo cuarta. Esta semana disputase o territorial sur de bateis.

Leer más...
 
O Meco Fisioterapia Solpor xogará ante o La Salle por un posto na 1ª Autonómica

A derradeira xornada da liga regular non deixou sorpresas no grupo sur da 2ª Autonómica. Os de Manu Bello superaron ao Vigo AM no pavillón de Barbás, pero a vitoria, décimo primeira consecutiva, non tivo a recompensa esperada, pois o Sigaltec xa consumara a súa vitoria en Rivadavia converténdose no campión do grupo. Os grovenses son sub campións e loitarán pola terceira praza de ascenso ante os santiagueses do Arzúa-La Salle.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
Primeira noite do peculiar casting ArtEnxebre

O pasado sábado o local social da asociación Enxebre acolleu as probas de talentos, que por primeira vez vían no escenario as exhibicións de violín e cine.

VER FOTOGRAFÍAS

Leer más...
 
Aberto o prazo para presentación de candidaturas á Directiva do Rasoeiro BM
A Xunta Directiva do club grovense convoca aos socios a unha asemblea extraordinaria na que, ademais do balance deportivo e económico, presentará a súa dimisión para elixir unha nova Directiva para os vindeiros catro anos. O prazo para a presentación de candidaturas está aberto.
Leer más...
 




Resultados 15 - 25 de 5227
Tira comica

compra carrito venta

Bolsa de trabajo

 


Xestión do novo goberno municipal?